martes, 7 de julio de 2009

DITOS E XOGOS DOS PRIMEIROS ANOS EN GALEGO


ESTE DEDO MEIÑINO


ESTE É O DEDO MEINIÑO,

ESTE É O SEU SOBRIÑO,

ESTE É O MAIOR DE TODOS,

ESTE É O FURABOLOS,

E ESTE É O ESCACHA-PIOLLOS.


ESTE QUEIXO QUEIXOLÁN


ESTE QUEIXO,QUEIXOLÁN,

ESTA BOCA PIDE PAN.

ESTE NARIZ NARICETE,

ESTE OLLO REPIMPÍN

E ESTE REPIMPINETE,

¡ARRÍNCATE NARICETE!


ESTE FOI Á PRAZA


ESTE FOI Á PRAZA,

ESTE COMPROU UN POLO,

ESTE PELOUNO,

ESTE PREPAROUNO,

E O GORDIÑO...
ZAMPOUNO TODIÑO.


MAN MORTA


MAN MORTA,

MAN MORTA,

VAI BATER

NA TÚA PORTA.


PALMA, REPALMA (PARA PEGAR NA PALMA DA MAN)


PALMA, REPALMA,

CHICA MORENA,

¿COMO A QUERES:

GRANDE OU PEQUENA?


PUÑO PUÑETE (DOUS XOGADORES ALTERNAN OS SEUS PUÑOS

CERRADOS E COLÓCANSE UN POR RIBA DO OUTRO MENTRES RECITAN)


- PUÑO, PUÑETE,

¿QUE TES POR DENTRO?

- PAN E FERMENTO

- ¿QUE TES POR FÓRA?

- PAN E CEBOLA.

- ¿QUE TES ARREDOR?

- PAN E COLOR.


SERRA COMPADRE


SERRA, COMPADRE,

SERRA, COMADRE,

CO SERRONCIÑO

DA SEÑORA MADRE.

SERRA, COMPADRE,

SERRA, COMADRE,

NA MADEIRIÑA

DO SEÑOR ABADE.


TÍQUIRI-TÍQUIRITAINA


TÍQUIRI-TÍQUIRI-TÍQUIRI-TAINA,

O QUE NON COME NON TEN BARRIGAINA.

TÍQUIRI-TÍQUIRI-TÍQUIRITIÑA,

O QUE NON COME NON TEN BARRIGUIÑA.



No hay comentarios: