miércoles, 1 de julio de 2009

Unha historia con final,

Adicada a todos os copérnicos e galileos do CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO (Reboreda), con moito cariño das súa profes Susana e Rosa.

"Hoxe quero... a todos contar

unha historia con final.

repítese cada curso

¿Tedes ganas de escoitar?

Xa fai tres longos anos

nenas, nenos e papás.

Un pouquiño temerosos

chegaron a este lugar.

Elena estaba na porta

e deuvos a benvida,

segura de que se abrían

novos camiños nas vosas vidas.

Dende aquel lonxano día,

compartimos

con ansias e con anhelos

miles de soños secretos.

A maxia dunha mirada,

o sorriso do máis pequeno

fixeron que cada día

traballásemos sen medo.

Deixades atrás este sitio,

onde tantos recordos temos:

contos e palabras,

números e ata... experimentos.

Crecéstedes tanto, taaaaanto,

que xa é hora de rematar.

De decirvos: ata sempre!!!!

e de deixarvos voar.




No hay comentarios: