Coma todos os anos, co gallo das letras galegas celebramos na escola moitas actividades, pero a máis esperada de todas polo alumnado é “o día dos xogos”. Unha boa ocasión para recordar algúns dos xogos tradicionais galegos, coma por exemplo: a chave, as cartas, os aros, a pesca da botella, o baile da vasoira, o baile da pataca, o xogo das sillas,…
Para os exploradores e os sínefos era a súa primeira vez e fixéronno moi ben. Particiaron, xogaron e bailaron sen perder o compás e sen esquecer coller os tickets ao rematar para logo canxear por un magnífico agasallo, que elixixieron eles mesmos. Mirade como participaron e que ben o fixeron…
ESTE BLOG XURDE COMO COMPLEMENTO A UN TRABALLO REALIZADO POR VARIAS COMPAÑEIRAS PARA LEVAR A CABO UN PROXECTO SOBRE CANCIÓN POPULARES CON NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL, NO QUE TENTAREMOS TRABALLAR AS CANCIÓNS EN TODALAS AREAS IMPLICADAS NA SÚA FORMACIÓN.
sábado, 22 de mayo de 2010
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS EN REBOREDA
Toda esta semana no cole estamos a celebrar as Letras Galegas con diferentes actividades: O martes, colocación de bandeiras e canto do himno galego no patio da entrada, o mércores concerto didáctico: “Interculturalidade na música popular galega” e como remate final este venres terá lugar o día máis esperado do ano: O día dos xogos.
O concerto didáctico foi unha gran actividade, na que os alumnos de 5º curso nos amosaban particulariedades de varios instrumentos e nos contaban un pouquiño da súa historia e de como chegaron a Galicia. Os peques de reboreda estaban abraiados e super-atentos, xa que unha das cousas que máis lles gusta é a música, queredes ver anaquiños do concerto e as facianas dos peques, pois ahí vai….
O concerto didáctico foi unha gran actividade, na que os alumnos de 5º curso nos amosaban particulariedades de varios instrumentos e nos contaban un pouquiño da súa historia e de como chegaron a Galicia. Os peques de reboreda estaban abraiados e super-atentos, xa que unha das cousas que máis lles gusta é a música, queredes ver anaquiños do concerto e as facianas dos peques, pois ahí vai….
Etiquetas:
ACTIVIDADES MUSICAIS,
INTERCULTURALIDADE,
LETRAS GALEGAS 2010
lunes, 10 de mayo de 2010
TRABALLAMOS OS ALIMENTOS
BRILAT
NO PASADO MES DE ABRIL O CRA ORGANIZOU UNHA VISITA A BASE MILITAR DA BRILAT, EN FIGUEIRIDO.
OS MILITARES RECIB�RONNOS COA BANDA DE M�SICA, TOCARONLLE O CUMPREANOS FELIZ A UNHA DAS NENAS ,QUE ESTABA DE CUMPLE, PREPARARONNOS UN CIRCUITO PARA QUE COMPROB�SEMOS COMO SE PREPARAN FISICAMENTE, PRESENT�RONNOS UN CAN ADIESTRADO , ENSINARONNOS ALG�NS DOS VEH�CULOS QUE LEVAN AS S�AS MISI�NS E POR �LTIMO INVITARONNOS A MERENDAR UNS BOLI�OS QUE FAN NA S�A PROPIA PANIFICADORA.
FOI UNHA VISITA MOI INSTRUCTIVA QUE NOS SORPRENDEU GRATAMENTE A TODAS AS MESTRAS QUE ACOMPA�AMOS AOS NENOS/AS.
sábado, 8 de mayo de 2010
SE QUERES DIVERTIRTE...
Os exploradores son uns amantes da música e da danza, e xa coñecen un montón de cancións. O que máis lles gusta e sentilas a través do movemento e da expresión corporal, xa que son uns expertos bailaríns. Queredes observalos por un buratiño, pois atentos que comeza o baile!!!
TEMOS UNHA NOVA PLANTA NO HORTO
A actividade no horto sempre é unha das máis importantes e gratificantes para os peques, están tan ilusionados co traballo que alí levan a cabo que cando chegan a casa transmítenlle esa ilusión ás familias, así que, a semana pasada cando a avoa de Paula foi ao mercado acordouse do horto dos peques de Reboreda e quiso contribuír cun pequeno agasallo, é unha planta moi bonita que Paula xa bautizou como "Exploradora", por que será? Jajajajajaja. Pouco a pouco o noso horto estase a convertir na envexa de todos os veciños da aldea. Noraboa pequenos agricultores!!!
martes, 4 de mayo de 2010
ANIVERSARIOS DE ABRIL
Un mes máis voltamos a celebrar todos xuntos os aniversarios do mes de Abril. Os nosos cumpleañeiros foron: Sheyla (dos exploradores), Raúl (dos sínefos), Antón e Alba D. (dos vincis) e Gabriel (dos chamáns). Ahhhhh!!! E a profe Susana.!!!
Fixemos: "Tarta de plátano", unha sinxela receita de galletas, plátanos e nata. Probade a facela vós mesmos nas vosas casas coas recomendacións dos vosos peques, veredes que doce e sabrosa é. Ánimo!!!
Fixemos: "Tarta de plátano", unha sinxela receita de galletas, plátanos e nata. Probade a facela vós mesmos nas vosas casas coas recomendacións dos vosos peques, veredes que doce e sabrosa é. Ánimo!!!
UN ENVÍO POSTAL MOI ESPECIAL
Onte os peques de Reboreda baixaron a Redondela camiñando ata correos, para mandar varios envíos aos nosos amigos de "Agrupacións Escolares", os Vincis e os Exploradores mandaron os seus correos á clase dos "patitos" do cole de Villapendi (en Asturias), e os Sínefos a clase dos "tractores" da escola rural de Vilaberd en Tarragona. Os chamáns aínda que non participaban no proxecto de agrupacións, tamén fixeron os seus propios envíos, por parellas escribíronse cartas e ao chegar a correos tiveronnas que pesar e selar para enviar correctamente.
Foi unha viaxe diferente, xa que tivemos que baixar andando dende a escola ata Redondela, acompañados por algúns papis e mamis por atallos e camiños de senderismo, e logo polas estreitas rúas de Redondela. Cando chegamos tivemos que esperar porque erabamos tantos que non podíamos entrar todos xuntos, así que fixemos varias entradas, despois unha parada para merendar e como premio final xogamos sen parar nos columpios da Xunqueira.
E así foi o envío dos exploradores, en vivo e en directo.
Foi unha viaxe diferente, xa que tivemos que baixar andando dende a escola ata Redondela, acompañados por algúns papis e mamis por atallos e camiños de senderismo, e logo polas estreitas rúas de Redondela. Cando chegamos tivemos que esperar porque erabamos tantos que non podíamos entrar todos xuntos, así que fixemos varias entradas, despois unha parada para merendar e como premio final xogamos sen parar nos columpios da Xunqueira.
E así foi o envío dos exploradores, en vivo e en directo.
Etiquetas:
AGRUPACIÓNS ESCOLARES,
NOVAS,
SAÍDAS,
TRABALLOS
O NOSO GRAN DRAGÓN CHINO
Estivemos varias semanas liados tentando rematar o noso gran dragón chino, pero despois de varias sesións xa está preparado e grazas a axuda de Luisa xa está no corredor de infantil vixiando que todos traballen moito. Foi un largo proceso de elaboración, primeiro pintamos os cartóns dos ovos, logo estampamos as manchas con esponxas, preparamos a cabeza, picando e pegando os ollos, e a profe Rosa deulle forma unindo todos os cartóns e dándolle os últimos retoques á cabeza. Queredes ver como quedou?? Ahí van algunhas fotos de todo o proceso.
CANCIÓN: BOLOCO
Aos exploradores lles encanta a música e gozan co baile, así que de vez en cando facemos na clase unha pequena sesión de psicomotricidade moi especial empregando a música e a expresión corporal. Coa canción de Boloco, falamos do círculo, das partes do corpo e de diferentes maneiras de moverse, como por exemplo: movernos a rolos. Foi moi divertido desplazarse pola clase dese xeito, tentando non molestar ao resto dos compañeiros e buscando a maneira de moverse así para ir dun lugar a outro. Shhhhh, silencio!!! comeza o baile!!!
Etiquetas:
ACTIVIDADES MUSICAIS,
Cancións,
NOVAS,
PSICOMOTRICIDADE
FACEMOS PAN
OS NENOS E NENAS DO COLE DE PAREDES ESTAMOS TRABALLANDO OS ALIMENTOS E AS PROFESIÓNS POLO QUE DECIDIMOS SER PANADIEROS POR UN DÍA E FABRICAMOS O NOSO PROPIO PAN.
AMASAMOS E AMASAMOS E DESPOIS METEMOS OS NOSOS BOLOS NO FORNO PERO CANDO OS SACAMOS DO FORNO ALGÚNS ESTABAN UN POUCO DUROS PERO COMO ERAN OS NOSOS PANS ESTABAN BOÍSIMOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)