viernes, 22 de enero de 2010

Milú, o gato de Antón

CADA DÍA DURANTE A XORNADA TEMOS DIFERENTES MOMENTOS E DIFERENTES RUTINAS. UN DESES MOMENTOS É A ASEMBLEA.

NELA CONTAMOS TODO TIPO DE INCIDENCIAS. PRIMEIRO FACEMOS AS RUTINAS, COMO: COLOCAR A DATA, VER QUE DÍA FAI HOXE, PASAR LISTA, CONTAR CANTOS SOMOS, ELEXIR O RECUNCHO ONDE IMOS XOGAR, ETC. ÁS VECES NA ASEMBLEA ADICAMOS MOMENTOS PARA FALAR E PENSAR, SON MOMENTOS ALTAMENTE EDUCATIVOS NOS QUE SE FAI RAZOAR AOS MÁIS PEQUENOS E A MAIORÍA DAS VECES DÉIXANNOS COA BOCA ABERTA TODAS AS SÚAS EXPLICACIÓNS. OUTRAS VECES SON MOMENTOS ADICADOS A FACER FALAR AOS MÁIS TÍMIDOS, XA QUE EN TRES ANOS NON É DOADO QUE TODOS FALEN EN PÚBLICO OU QUE RESPETEN AS NORMAS QUE HAI QUE SEGUIR NAS ACTIVIDADES ORAIS.

PARA FACER FALAR AOS MÁIS TÍMIDOS REALIZAMOS DIFERENTES ACTIVIDADES, COMO AS SESIÓNS DE CONTACONTOS TODOS OS LUNS, E OUTRAS VECES, A AXUDA DAS FAMILIAS E DAS NOVAS TECNOLOXÍAS SON PRIMORDIAIS, XA QUE NOS PERMITEN CREAR UN AMBIENTE ESPECIAL NA CLASE, PERMITEN QUE O NENO OU NENA ESTÉ CÓMODO, RELAXADO E ALTAMENTE MOTIVADO.

ASÍ FOI COMO FIXEMOS ESTA SESIÓN, OS PAPÁS DE ANTÓN A TRAVÉS DO CORREO ENVIÁRONNOS UNHAS FOTOS MOI ESPECIAIS DE ANTÓN, QUE QUERÍAN COMPARTIR COS EXPLORADORES.

ASÍ FALAN E CONVERSAN TAN ANIMADAMENTE OS EXPLORADORES NAS SÚAS ASEMBLEAS

As letras dos nosos nomes

NESTA ACTIVIDADE SAÍMOS AO CORREDOR PARA COLOCAR AS LETRAS DOS NOSOS NOMES NUN ESPAZO AMPLO, COMO POR EXEMPLO, NA PAREDE. LOGO FIXEMOS UN ENTRETIDO XOGO DE LETRAS E NOMES QUE CONSISTÍA NO SEGUINTE: CADA NENO E CADA NENA DEBERÍA ATOPAR O SEU NOME ENTRE AQUELA MAREA QUE INUNDABA O CHAN DO CORREDOR.

AO PRINCIPIO NON ERA DOADO PORQUE HABÍA MOITOS NOMES E ALGÚNS ERAN PARECIDOS OU COMEZABAN POLA MESMA LETRA.

FOI MOI DIVERTIDO VER COMO CADA UN BUSCABA AS SÚAS ESTRATEXIAS PARA ATOPAR O SEU NOME NO MEDIO DE TANTO LÍO, POR EXEMPLO ANXO SABÍA QUE O SEU NOME COMEZABA POR A (COMO O DE ANTÓN E ANTÍA) PERO LEVABA UN "X" NO MEDIO, ENTÓN ASÍ ERA DOADO RECOÑECELO. OUTROS SABÍAN QUE O SEU NOME ERA O MÁIS LONGO E OUTROS QUE O SEU ERA O MÁIS CURTO, HUGO POR EXEMPLO XA SABE QUE O SEU NOME COMEZA POR UNHA LETRA QUE ESTÁ MUDIÑA E SE CHAMA "H".

E ASÍ XOGANDO E PENSANDO CADA UN, POUQUIÑO A POUCO, VAI DESCUBRINDO E RECORDANDO AS CARACTERÍSTICAS DO SEU NOME, E PASIÑO A PASIÑO TODOS RECOÑECEREMOS O NOSO NOME, OS DOS COMPAÑEIROS E PODEREMOS DIFERENCIALOS.

NON É UN TRABALLO DOADO, PERO TEMOS TODO UN CURSO PARA SEGUIR XOGANDO COS NOSOS NOMES.

MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!!!

"En busca del beso"

COMO CADA LUNS VOLTAMOS AS NOSAS PARTICULARES SESIÓNS DE CONTACONTOS.

ESTA VEZ A PROTAGONISTA PRINCIPAL FOI LUCÍA C. A. E CONTOUNOS UNHA PRECIOSA HISTORIA QUE SE CHAMABA "EN BUSCA DEL BESO".

UN CONTO MOI DOCE E MOI TENRO, CUNHAS BONITAS ILUSTRACIÓNS E UNHA HISTORIA DE REIS, RAIÑAS, PRÍNCIPES, CABALEIROS, LOBOS E ATA DRAGÓNS.

ESCOITADE ATENTAMENTE QUE ASÍ COMEZA A NOSA HISTORIA...

domingo, 17 de enero de 2010

ASÍ É A MIÑA FAMILIA

O OUTRO DÍA OS EXPLORADORES CHEGARON A UN DEBATE MOI INTERESANTE, ESTABAMOS A RECORDAR COMO ERA O NOSO CORPO, AS SÚAS PARTES, COMO FUNCIONABA CADA UNHA DELAS, PARA QUE SERVIAN… E COMEZAMOS A COMPARAR O NOSO CORPO CO DE PAPI, CO DE MAMI, E FALANDO FALANDO COMEZAMOS A FALAR DAS FAMILIAS.

DESCUBRIMOS QUE HABÍA MOITOS TIPOS DIFERENTES DE FAMILIAS, AS DE SÓ TRES MEMBROS, AS FAMILIAS DE CATRO MEMBROS (MAMI, PAPI, EU E MEU IRMÁN OU IRMÁ), FAMILIAS NAS QUE CONVIVEN TAMÉN COS AVÓS E AVOAS, E DESCUBRIMOS QUE HAI NENOS E NENAS QUE NON PODEN VIVIR COAS SÚAS FAMILIAS POR DIFERENTES RAZÓNS, COMO UNHA DAS NOSAS COMPAÑEIRAS QUE VIVE EN ALDEAS INFANTÍS, ASÍ QUE ELA CONTOUNOS UN POUQuIÑO COMO É A SÚA FAMILIA. É UNHA FAMILIA ESPECIAL, DURANTE A SEMANA VIVE CON MARTA (A SÚA COIDADORA EN ALDEAS), OS SEUS IRMÁNS E CON OUTROS NENOS E NENAS QUE TAMÉN VIVEN ALÍ, LOGO ALGÚNS FIN DE SEMANA, VAI Á SÚA CASA E PASA UN PAR DE DÍAS COA SÚA MAMI, O SEU PAPI E ÁS VECES TAMÉN COA AVOA. TODOS ESTABAN SORPRENDIDOS E COMPRENDERON SEN PROBLEMAS ESTA SITUACIÓN TAN PARTICULAR, FIXÉRONLLE ALGUNHAS PREGUNTAS E ASÍ RESOLVÉRON TODAS AS DÚBIDAS QUE TIÑAN.

AGORA VOS AMOSAMOS ÁS FAMILIAS DOS EXPLORADORES, NESTES SINXELOS DEBUXOS, ASÍ PODEDES COMPROBAR COMO MEDRARON ESTES PEQUES EN TAN POUCO TEMPO.


martes, 12 de enero de 2010

Os exploradores regresan do Nadal con ilusión

REMATADO O NADAL OS PRIMEIROS DÍAS NON PARAMOS DE CONTAR TODO O QUE NOS ACONTECEU NESES DÍAS DE FESTA, OS LUGARES ONDE ESTIVEMOS, OS AMIGOS QUE VISITAMOS, E SOBRE TODO OS AGASALLOS QUE NOS DEIXARON PAPA NOEL OU OS REIS MAGOS.

OS EXPLORADORES COMPARTIRON CON TODOS OS SEUS AMIGOS TODAS AQUELAS EXPERIENCIAS E LOGO DEBUXAMOS OS AGASALLOS FAVORITOS, POR ÚLTIMO DÉMOSLLE COR, E CLARO........ COMO ESTABAMOS TAN EMOCIONADOS PINTAMOS E PINTAMOS SEN PARAR E CASE NON SE PODEN VER OS XOGUETES, PERO POÑEDE MOITA ATENCIÓN QUE DEBAIXO DE TODAS ESAS CORES ESTÁN AGOCHADOS MOITOS DOS NOSOS SOÑOS DE NADAL.

E DESPOIS DE TANTO RECORDAR........ ENTROUNOS UN POUQUIÑO DE MORRIÑA E TIVEMOS QUE XOGAR NOS RECUNCHOS COS AMIGOS QUE TANTO BOTAMOS DE MENOS E CON TODOS AQUELES XOGUETES QUE DEIXARAMOS NA CLASE AO CHEGAR AS VACACIÓNS.

martes, 5 de enero de 2010

OS COPÉRNICOS VOLTAN POLO NADAL

PEDINDO O AGUINALDO CHEGARON Á CLASE DOS EXPLORADORES OS ANTIGOS COPÉRNICOS, QUE AGORA XA ESTÁN EN PRIMEIRO, ESTABAN MOI CONTENTOS DE VOLTAR A SÚA ANTIGA CLASE, OBSERVABAN CON ATENCIÓN TODOS OS CAMBIOS DE DECORACIÓN, OS NOVOS XOGUETES, OS NOVOS COMPAÑEIROS,..., TAMÉN ESTABAN MOI EMOCIONADOS PORQUE ENTRE OS EXPLORADORES ESTABAN OS SEUS IRMÁNS E IRMÁS, COMO NO CASO DE BRAIS G. QUE NON PERDÍA DE VISTA A SHEYLA, OU JUAN G. QUE OBSERVABA CON ILUSIÓN A VANESA, TATIANA TAMÉN BUSCABA E BUSCABA PERO... NON ATOPABA A IVÁN, XA QUE ESES DÍAS O SEU IRMÁN ESTABA ENFERMO E NON VIÑERA A CLASE.

A HORA DA DESPEDIDA PROLONGOUSE UN POUQUIÑO PORQUE NINGUÉN QUERÍA MARCHAR, QUERÍAN CONTARNOS TANTAS COUSAS QUE XA NON SABÍAN POR ONDE EMPEZAR PERO... TIVERON QUE SEGUIR O SEU CAMIÑO PORQUE DEBÍAN IR PEDIR O AGUINALDO POR OUTRAS CLASES.

UN BICO MOI GRANDE AOS COPÉRNICOS!!!!!! GRAZAS POLA SÚA VISITA E... SEMPRE TERÁN UN OCO NA CLASE DOS EXPLORADORES.