NESTA ACTIVIDADE SAÍMOS AO CORREDOR PARA COLOCAR AS LETRAS DOS NOSOS NOMES NUN ESPAZO AMPLO, COMO POR EXEMPLO, NA PAREDE. LOGO FIXEMOS UN ENTRETIDO XOGO DE LETRAS E NOMES QUE CONSISTÍA NO SEGUINTE: CADA NENO E CADA NENA DEBERÍA ATOPAR O SEU NOME ENTRE AQUELA MAREA QUE INUNDABA O CHAN DO CORREDOR.
AO PRINCIPIO NON ERA DOADO PORQUE HABÍA MOITOS NOMES E ALGÚNS ERAN PARECIDOS OU COMEZABAN POLA MESMA LETRA.
FOI MOI DIVERTIDO VER COMO CADA UN BUSCABA AS SÚAS ESTRATEXIAS PARA ATOPAR O SEU NOME NO MEDIO DE TANTO LÍO, POR EXEMPLO ANXO SABÍA QUE O SEU NOME COMEZABA POR A (COMO O DE ANTÓN E ANTÍA) PERO LEVABA UN "X" NO MEDIO, ENTÓN ASÍ ERA DOADO RECOÑECELO. OUTROS SABÍAN QUE O SEU NOME ERA O MÁIS LONGO E OUTROS QUE O SEU ERA O MÁIS CURTO, HUGO POR EXEMPLO XA SABE QUE O SEU NOME COMEZA POR UNHA LETRA QUE ESTÁ MUDIÑA E SE CHAMA "H".
E ASÍ XOGANDO E PENSANDO CADA UN, POUQUIÑO A POUCO, VAI DESCUBRINDO E RECORDANDO AS CARACTERÍSTICAS DO SEU NOME, E PASIÑO A PASIÑO TODOS RECOÑECEREMOS O NOSO NOME, OS DOS COMPAÑEIROS E PODEREMOS DIFERENCIALOS.
NON É UN TRABALLO DOADO, PERO TEMOS TODO UN CURSO PARA SEGUIR XOGANDO COS NOSOS NOMES.
MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario