miércoles, 4 de noviembre de 2009

XOGANDO COS NOSOS NOMES

ESTES DÍAS OS EXPLORADORES ESTÁN XOGANDO COS SEUS NOMES.

NUNHAS TARXETAS TEÑEN ESCRITOS OS SEUS NOMES E NOUTRAS APARECE A SÚA FOTOGRAFÍA. UNHAS VECES XOGAN A BUSCAR O SEU NOME ENTRE TODOS OS NOMES DOS SEUS COMPAÑEIROS, XOGAN A EMPARELLAR O NOME COA FOTORAFÍA, OUTRAS VECES DEBEN ADIVIÑAR DE QUEN É O NOME QUE AMOSA A PROFE OU OUTRO COMPAÑEIRO.

E AÍNDA QUE TODO ISTO TODAVÍA É UN POUCO DIFÍCIL, NÓS PASÁMOLO MOI BEN TENTANDO DESCUBRIR DE QUEN É CADA NOME, ALGÚNS COMEZAN A UTILIZAR OS SEUS RECURSOS E AS SÚAS ESTRATEXIAS PARA RECORDAR CADA NOME, POR EXEMPLO: SABEMOS QUE OS NOMES MÁIS LONGOS SON OS DE LUCÍA C. A., E DE LUCÍA C. C. TAMÉN SABEMOS QUE O NOME DE SHEYLA COMEZA POR UNHA LETRA QUE É COMA UNHA SERPE, E MARA XA SABE QUE O SEU NOME É COMA UNHA MONTAÑA QUE SUBE E BAIXA. TAMÉN DESCUBRIMOS QUE NA CLASE HAI CATRO NOMEs QUE COMEZAN POR "L" (Lucas, Lucía C. A., Lucía C. C. e Lois), E TRES QUE COMEZAN POR "A" (Anxo, Antia e Antón).

No hay comentarios: