HOXE OS VINCIS E OS EXPLORADORES CHEGARON A CHINA, VESTÍRONSE COMA ELES E ATA OS SEUS OLLIÑOS VOLVÉRONSE PEQUERRECHOS E RASGADOS.
E ATA ALÍ CHEGARON UNS INVITADOS ESPECIAIS QUE CHEGABAN DO BRASIL, OS SÍNEFOS. E CLARO PARA NON DESENTONAR CHEGARON CUNS SOMBREIROS MOI PARTICULARES E CUNHA TRENZA CHINESA.
PROBAMOS FROITAS VARIADAS COMA: LARANXAS, POMELOS, MANDARINAS, PERAS CHINAS,... E DESPOIS DA FROITA CHEGOU O TE, PROBAMOS DE MOITOS SABORES DIFERENTES, OBSERVÁMOLOS MOI BEN PARA COÑECER AS SÚAS CARACTERÍSTICAS, DESCUBRIMOS QUE UNS ERAN DE FOLLAS, OUTROS INSTANTÁNEOS, OUTROS QUE SE FACÍAN CON AUGA QUENTE NUNHA TETEIRA ESPECIAL CUN FILTRO NO SEU INTERIOR. TAMÉN APROVEITAMOS PARA DESCUBRIR OS SEUS AROMAS, AS SÚAS CORES, OS SEUS SABORES... SEN AMOSAR PREOCUPACIÓN PORQUE TODOS ERAN SEN TEÍNA.
ASÍ É UN DÍA EN CHINA...
No hay comentarios:
Publicar un comentario