jueves, 1 de octubre de 2009

Pintando cos dedos

Hoxe os pequenos exploradores comezaron a súa viaxe diaria explorando por un mundo de cores, xogaron coas cores e danzaron ao ritmo da música para logo recoller polo camiño tarxetas de cores. E para remate final pintaron cos dedos un coche grande que nos leva a facer viaxes de longo e curto percorrido.

Foi unha experiencia fantástica, ao principio dábanos un pouco de medo manchar as nosas pequenas mans pero unha vez que descubrimos que non pasaba nada e que logo a profe nos ía limpar comezamos a gozar coa pintura, deixando que os nosos pequenos dedos percorreran toda a folla do papel, que seguiu viaxando pola mesa, polo mandilón, pola cara,... ata rematar coas mans totalmente pintadas de vermello. Ásí comezou a nosa viaxe...


No hay comentarios: