EXPLOANDO, EXPLORANDO DESCUBRIMOS UNHA FESTA MOI POPULAR, HOXE EN DÍA, NAS NOSAS VILAS, A CHEGADA DO SAMAÍN.
AS CABAZAS COMEZAN A ENCHER TODOS OS RECUNCHOS, AS PANTASMAS, OS MORCEGOS,............ E TODO AQUILO QUE DÉ MOITO MEDO.
RAFAEL HOXE TRÓUXONOS UNHA CABAZA QUE PREPAROU NA CASA COA SÚA FAMILIA E EXPLICOUNOS TODOS OS PASOS QUE SEGUIRON ATA DEIXALA TERRIBLEMENTE MOSTRUOSA.
[youtube video= "http://www.youtube.com/v/H6URJgYNDNs&hl=es&fs=1&">
E pronto nos puxemos mans á obra. Iván tróuxonos unha pequena cabaza da súa horta e coa axuda de todos rapidamente vaciámola, fixémoslle a boca, os ollos o nariz, daba medo vela!!!!!! Probamos diferentes sensacións con ela nas mans: estaba fría, mollada, dura, branda, era laranxa, amarela, tiña pepitas e fíos dentro da súa barriga, cheiraba moi ben, como a caramelo,... Puxemos a traballar axiña a todos os sentidos para que non se nos escapase ningún detalle, parecíamos verdadeiros investigadores.
[youtube video="http://www.youtube.com/v/nkxX8XdIt7A&hl=es&fs=1&">
No hay comentarios:
Publicar un comentario