Hoxe, para rematar a semana e para dar comezo a un novo mes, celebramos os aniversarios de Setembro, e tivemos 3 homenaxeados: Alba (Vincis), Laura e Hugo (Chamáns). Esta vez nin os Exploradores nin os Sínefos tiveron representantes pero... no mes de Outubro seguro que algún xa se apunta.
Merendamos "Chulas de cabaza" e viñeron a mamá de Unai (Vincis) e a mamá de Alba(Vincis) para ensinarnos a receita. Tivemos que empregar os seguintes ingredientes: ovos, fariña, azucre, aceite, sal,... misturar todo ben e logo con moita paciencia facelas na tixola sen que se queimase ningunha. Este foi o resultado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario