viernes, 30 de octubre de 2009

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

HOXE FIXEMOS BISCOITO DE NATILLAS, COLOCAMOS UNHA CAPA DE BISCOITOS BAÑADOS EN LEITE, LOGO UNHA CAPA DE NATILLAS, E VOLTA A EMPEZAR. OS EXPLORADORES, OS SÍNEFOS, OS VINCIS E OS CHAMÁNS PREPARARON COA SÚA PROFE A SÚA TARTA E OS CUMPLEAÑEIROS COA PROFE ÁNGELES. E LOGO..... XA SABEDES O QUE PASOU, VERDADE?? POIS AHÍ VAI UNHA MOSTRA....



miércoles, 28 de octubre de 2009

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Hoxe, para rematar a semana e para dar comezo a un novo mes, celebramos os aniversarios de Setembro, e tivemos 3 homenaxeados: Alba (Vincis), Laura e Hugo (Chamáns). Esta vez nin os Exploradores nin os Sínefos tiveron representantes pero... no mes de Outubro seguro que algún xa se apunta.

Merendamos "Chulas de cabaza" e viñeron a mamá de Unai (Vincis) e a mamá de Alba(Vincis) para ensinarnos a receita. Tivemos que empregar os seguintes ingredientes: ovos, fariña, azucre, aceite, sal,... misturar todo ben e logo con moita paciencia facelas na tixola sen que se queimase ningunha. Este foi o resultado...



OS EXPLORADORES CHEGARON A VILLAPENDI - OVIEDO

ANTES DE MARCHAR OS PEQUENOS EXPLORADORES DE REBOREDA FIXERON UN LINDO AGASALLO PARA OS NENOS E NENAS DE VILLAPENDI, ENTRE TODOS REALIZARON UN LIBRO COS SEUS PRIMEIROS DEBUXOS, E ESTE FOI O RESULTADO....


martes, 27 de octubre de 2009

GALLETAS CHINAS

A SEMANA PASADA A PROFE ÁNGELES TRÓUXONOS GALLETAS CHINAS, DE ARROZ E AZUCRE, E OS VINCIS E OS E PEQUENOS EXPLORADORES MERENDARON MOI BEN.

GUSTÁRONLLES MOITO, XA QUE TIÑAN UN SABOR DIFERENTE, ENTRE DOCE E SALGADO. UNS DICÍAN QUE SABÍAN A PALOMITAS DE MILLO, OUTROS A GUSANITOS,... CADA QUEN PENSABA UNHA COUSA DIFERENTE E TODAS ERAN VERDADEIRAS. NINGUÉN SE QUEDOU SEN PROBALAS, FOI UNHA NOVA EXPERIENCIA, NA QUE EMPREGAMOS OS DIFERENTES SENTIDOS (GUSTO, OLFATO, TACTO, VISTA) PARA COÑECER UN ALIMENTO NOVO E DUN LUGAR DIFERENTE.

ASÍ FOI A NOSA SESIÓN DEGUSTACIÓN...

[youtube video=http://www.youtube.com/v/3P2NF0SUrgg&hl=es&fs=1&">

A CHEGADA DO SAMAÍN

EXPLOANDO, EXPLORANDO DESCUBRIMOS UNHA FESTA MOI POPULAR, HOXE EN DÍA, NAS NOSAS VILAS, A CHEGADA DO SAMAÍN.

AS CABAZAS COMEZAN A ENCHER TODOS OS RECUNCHOS, AS PANTASMAS, OS MORCEGOS,............ E TODO AQUILO QUE DÉ MOITO MEDO.

RAFAEL HOXE TRÓUXONOS UNHA CABAZA QUE PREPAROU NA CASA COA SÚA FAMILIA E EXPLICOUNOS TODOS OS PASOS QUE SEGUIRON ATA DEIXALA TERRIBLEMENTE MOSTRUOSA.

[youtube video= "http://www.youtube.com/v/H6URJgYNDNs&hl=es&fs=1&">
E pronto nos puxemos mans á obra. Iván tróuxonos unha pequena cabaza da súa horta e coa axuda de todos rapidamente vaciámola, fixémoslle a boca, os ollos o nariz, daba medo vela!!!!!! Probamos diferentes sensacións con ela nas mans: estaba fría, mollada, dura, branda, era laranxa, amarela, tiña pepitas e fíos dentro da súa barriga, cheiraba moi ben, como a caramelo,... Puxemos a traballar axiña a todos os sentidos para que non se nos escapase ningún detalle, parecíamos verdadeiros investigadores.

[youtube video="http://www.youtube.com/v/nkxX8XdIt7A&hl=es&fs=1&">

lunes, 5 de octubre de 2009

BAILE




HOLA SOMOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE PAREDES E UNHA DAS ACTIVIADADES QUE MAIS NOS GUSTA FACER É BAILAR AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DA NOSA ARTE NESTA DISCIPLINA

SAIDA DE OUTONO











A SEMANA PASADA OS NENOS/AS DO COLE DE PAREDES ACERCÁMONOS ATA A CANTEIRA PARA RECOLLER FOLLAS E FROITOS DO OUTONO



NON ATOPAMOS MOITAS CASTAÑAS PERO HABÍA BASTANTES OURIZOS E MOITAS FOLLAS QUE RECOLLEMOS PARA O MURAL DA CLASE




FACÍA UN DÍA ESTUPENDO E PASAMOS UN RATO MOI DIVETRTIDO, LEVAMOS A MERENDA E A PROFE MAICA TROUXO UNHA COLCHA PARA PODER ENRRIBA E NON ENSUCIAR A ROUPA.




DESPOIS DE MERENDAR AS PROFES DEIXÁRONNOS XOGAR UN RATO NO PARQUE ANTES DE VOLVER PARA O COLE




AQUÍ PODEDES VER UNHAS FOTOS DESE DÍA

jueves, 1 de octubre de 2009

Os nosos primeiros traballos

OS PEQUENOS EXPLORADORES DE 3 ANOS TIÑAN MOITAS GANAS DE TRABALLAR E LEVABAN VARIOS DÍAS PEDINDO Á PROFE ROSA FICHAS PARA COLOREAR, PARA PEGAR GOMETS OU PAPELIÑOS DE CORES. E POR FIN............... HOXE CHEGOU O DÍA!!!!, ESTREAMOS AS CERAS DE CORES, PERO ANTES ELEXIMOS A NOSA ENCARGADA QUE TIVO QUE AXUDAR Á PROFE A REPARTIR AS GAVETAS DAS CERAS E REPARTIR AS FICHAS, E CANDO ESTIVO TODO PREPARADO.......... COMEZAMOS A PINTAR SEN PERDER NIN UN MINUTO DE TEMPO.

MIRADE QUE BEN O PASAMOS E QUE BEN PINTAMOS!!!! SOMOS UNS GRANDES ARTISTAS!!



Pintando cos dedos

Hoxe os pequenos exploradores comezaron a súa viaxe diaria explorando por un mundo de cores, xogaron coas cores e danzaron ao ritmo da música para logo recoller polo camiño tarxetas de cores. E para remate final pintaron cos dedos un coche grande que nos leva a facer viaxes de longo e curto percorrido.

Foi unha experiencia fantástica, ao principio dábanos un pouco de medo manchar as nosas pequenas mans pero unha vez que descubrimos que non pasaba nada e que logo a profe nos ía limpar comezamos a gozar coa pintura, deixando que os nosos pequenos dedos percorreran toda a folla do papel, que seguiu viaxando pola mesa, polo mandilón, pola cara,... ata rematar coas mans totalmente pintadas de vermello. Ásí comezou a nosa viaxe...