domingo, 21 de marzo de 2010

A LUPA UN GRAN INVENTO

HOXE OS EXPLORADORES XOGAMOS E EXPLORAMOS CUN GRAN INVENTO, AS LUPAS!!!

DESCUBRIMOS PARA QUE SERVÍAN, UNS DICÍAN QUE PARA MIRAR, OUTROS PARA MIRAR COUSAS GRANDES,... E DESPOIS DE PENSAR E PENSAR ATOPAMOS A SOLUCIÓN... AS LUPAS SERVEN PARA OBSERVAR COUSAS MOI PEQUENAS, PORQUE O SEU CRISTAL FAI QUE POIDAMOS MIRAR TODO DUN TAMAÑO MAIOR.

ASÍ QUE... EXPLORAMOS TODO O QUE ESTABA O NOSO ARREDOR, O CHAN DA CLASE, AS NOSAS MANS, A BOCA, AS ORELLAS, O PELO, OS OLLOS, OS BOTÓNS,... PARECÍA COMO POR ARTE DE MAXIA QUE TODO AUMENTABA DE TAMAÑO. FOI MOI DIVERTIDO OBSERVAR A NOSA PEL, DESCUBRIMOS QUE TIÑAMOS PELIÑOS, PUNTIÑOS MOI PEQUENOS QUE SE CHAMAN POROS E POR ONDE RESPIRA A NOSA PEL, NOS OLLOS DESCUBRIMOS COMO A NOSA PUPILA ABRE E CERRA , QUE TEN CORES E DEBUXOS DIFERENTES.

AHÍ TEDES UN EXEMPLO DA NOSA INVESTIGACIÓN!!!




E DESPOIS OBSERVAMOS COMO ÍAN MEDRANDO AS NOSAS SEMENTES. FOI INCREÍBLE DESPOIS DE OBSERVAR CON ATENCIÓN DESCUBRIMOS MOI AGOCHADIÑAS AS NOSAS PRIMEIRAS PLANTAS, XA NON ERAN SEMENTES!!!!

ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS PORQUE TAN SÓ CON UNS CANTOS DÍAS AS NOSAS SEMENTES COMEZARON A MEDRAR E MEDRAR E COMO TIÑAN MOITA SEDE TIVEMOS QUE DARLLES DE BEBER UN POUQUIÑO PERO VOLTAMOS RÁPIDAMENTE A POLAS PRETO DA VENTÁ PARA QUE O CALOR DO SOL POIDA AXUDALAS UN POUQUIÑO MÁIS.


No hay comentarios: