BRAIS E CECI FIXERON MAXIA CUNHA CARTA E UN VASO CHEO DE AUGA, DEMOSTRÁRONNOS COMO SE PODE AGUANTAR UN VASO CHEO DE AUGA BOCA ABAIXO SEN DERRAMAR NIN UNHA SOA GOTA DE AUGA CON SO POR UNHA CARTA.
PARECÍANOS INCRIBLE POLO QUE TIVEMOS QUE PROBALO E DESCUBRILO POR NÓS MESMOS, ERA BASTANTE SINXELO, SÓ TÍÑAMOS QUE ENCHER UN VASO DE AUGA ATA RIBA E LOGO COLOCAR AMODIÑO UNHA CARTA SOBRE A BOCA DO VASO (CUBRÍNDOA TOTALMENTE), LOGO COA AXUDA DUNHA MAN SUXEITAR TODO E TENTAR DARLLE A VOLTA, MÁIS TARDE RETIRAR A MAN PARA COMPROBAR QUE A CARTA NON CAÍA E TAMPOCO CAÍA NIN UNHA SOA PINGA DE AUGA.
CECI TAMÉN NOS ENSINOU COMO SE PODE FACER VOAR UNHA BÓLA DE PORESPÁN CUN SECADOR, E TENTAR DE QUE NON CAÍA AO CHAN E NON PARE DE DAR SALTOS. PROBAMOS CON DIFERENTES BÓLAS: GRANDES, PEQUENAS, LIXEIRAS, PESADAS, DE DIFERENTES MATERIAIS (GLOBOS, PELOTAS DE GOMA, DE PIN PON,.... E DESCUBRIMOS QUE CADA UNHA DELAS SUXEITÁBASE DE FORMA DIFERENTE OU NON SE SUXEITABAN PORQUE PESABAN MOITO E O SECADOR NON PODÍA CON ELAS. FOI MOI DIVERTIDO!!! SOBRE TODO CANDO FIXEMOS VOAR AOS GLOBOS, ESES SÍ QUE VOAN E PODÍAN PERMANECER MOITO TEMPO NO AIRE GRAZAS AO SECADOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario