miércoles, 24 de junio de 2009

DE COMPRAS POLO SUPER

PARA REMATAR O CURSO OS COPÉRNICOS E OS GALILEOS SAÍRON AO SUPERMERCADO PARA MERCAR TODOS AQUELES PRODUTOS QUE LLES ÍAN FACER FALLA PARA CELEBRAR CO RESTO DOS COMPAÑEIROS DE EDUCACIÓN INFANTIL A FESTA FIN DE CURSO.

XA ESTIVERAN TRABALLANDO UN POUQUIÑO NA AULA COAS MOEDAS E XOGANDO A SER TENDEIROS E CLIENTES, PERO AGORA ISTO XA NON ERA UN XOGO. FORMARON EQUIPOS DE TRES OU CATRO NENOS E NENAS, LEVABAN A LISTA DA COMPRA PARA NON ESQUECER NADA IMPORTANTE E TAMÉN LEVABAN A CARTEIRA CHEA DE MOEDAS (GRANDES E PEQUENAS).

NO SUPERMERCADO DIRIXÍRONSE ÁS BALDAS NAS QUE SE ATOPABAN TODO O QUE DEBÍAN LEVAR PARA A FESTA, LOGO DEBÍAN VER E COMPROBAR OS PREZOS XA QUE NON PODÍAN COMPRAR COUSAS MOI CARAS POR QUE SÓ TIÑAN 3 EUROS PARA GASTAR ENTRE OS TRES. PARA REMATAR VIÑA O MÁIS COMPLICADO CHEGAR A CAIXA E PAGARLLE ÁS CAIXEIRAS, MENOS MAL QUE ELAS AXUDÁRONNOS MOITO XUNTO CON LUISA (A NOSA COIDADORA). FOI UNHA EXPERIENCIA XENIAL!!!


1 comentario:

ROSA dijo...

Cantas cousas fan estes pekes!!!!