sábado, 27 de junio de 2009

Festa fin de curso

Chegou o final do curso e que mellor que rematar cunha gran festa de cumpreanos, celebramos os cumpres de xuño, xullo e agosto. Merendamos moitas larpeiradas que os copérnicos e os galileos mercaron no super para todos, logo xogamos con globos e por último poidemos saltar sen parar nunhas "chulísimas" colchonetas coas que a ANPA quíxonos desexar un bo verán. Foi un final de curso... espectacular!!!


A saída máis especial do curso

Todos os anos, polo último trimestre, reservamos a saída máis especial de todas, ir a Indiana Bill (Ramallosa). É un lugar de xogos no que todos, grandes e pequenos, o pasan xenial tirándose polos tobogáns, agochándose entre as bólas, trepando polas redes,... e con tanto exercicio temos que repoñer forzas cunha boa merenda e volta de novo a xogar ata a hora de rematar. Ahí vai unha mostra do ben que o pasan os nosos cativ@s.


miércoles, 24 de junio de 2009

DE COMPRAS POLO SUPER

PARA REMATAR O CURSO OS COPÉRNICOS E OS GALILEOS SAÍRON AO SUPERMERCADO PARA MERCAR TODOS AQUELES PRODUTOS QUE LLES ÍAN FACER FALLA PARA CELEBRAR CO RESTO DOS COMPAÑEIROS DE EDUCACIÓN INFANTIL A FESTA FIN DE CURSO.

XA ESTIVERAN TRABALLANDO UN POUQUIÑO NA AULA COAS MOEDAS E XOGANDO A SER TENDEIROS E CLIENTES, PERO AGORA ISTO XA NON ERA UN XOGO. FORMARON EQUIPOS DE TRES OU CATRO NENOS E NENAS, LEVABAN A LISTA DA COMPRA PARA NON ESQUECER NADA IMPORTANTE E TAMÉN LEVABAN A CARTEIRA CHEA DE MOEDAS (GRANDES E PEQUENAS).

NO SUPERMERCADO DIRIXÍRONSE ÁS BALDAS NAS QUE SE ATOPABAN TODO O QUE DEBÍAN LEVAR PARA A FESTA, LOGO DEBÍAN VER E COMPROBAR OS PREZOS XA QUE NON PODÍAN COMPRAR COUSAS MOI CARAS POR QUE SÓ TIÑAN 3 EUROS PARA GASTAR ENTRE OS TRES. PARA REMATAR VIÑA O MÁIS COMPLICADO CHEGAR A CAIXA E PAGARLLE ÁS CAIXEIRAS, MENOS MAL QUE ELAS AXUDÁRONNOS MOITO XUNTO CON LUISA (A NOSA COIDADORA). FOI UNHA EXPERIENCIA XENIAL!!!


martes, 16 de junio de 2009

visita á fabrica de conservas











os nenos/as do CRA de Vilaboa fomos de visita á fábrica de consevas de Acuña

ensináronnos todo o proceso de enlatado e pasamos un día moi divertido

sábado, 13 de junio de 2009

O VASO E A CARTA

BRAIS E CECI FIXERON MAXIA CUNHA CARTA E UN VASO CHEO DE AUGA, DEMOSTRÁRONNOS COMO SE PODE AGUANTAR UN VASO CHEO DE AUGA BOCA ABAIXO SEN DERRAMAR NIN UNHA SOA GOTA DE AUGA CON SO POR UNHA CARTA.

PARECÍANOS INCRIBLE POLO QUE TIVEMOS QUE PROBALO E DESCUBRILO POR NÓS MESMOS, ERA BASTANTE SINXELO, SÓ TÍÑAMOS QUE ENCHER UN VASO DE AUGA ATA RIBA E LOGO COLOCAR AMODIÑO UNHA CARTA SOBRE A BOCA DO VASO (CUBRÍNDOA TOTALMENTE), LOGO COA AXUDA DUNHA MAN SUXEITAR TODO E TENTAR DARLLE A VOLTA, MÁIS TARDE RETIRAR A MAN PARA COMPROBAR QUE A CARTA NON CAÍA E TAMPOCO CAÍA NIN UNHA SOA PINGA DE AUGA.

CECI TAMÉN NOS ENSINOU COMO SE PODE FACER VOAR UNHA BÓLA DE PORESPÁN CUN SECADOR, E TENTAR DE QUE NON CAÍA AO CHAN E NON PARE DE DAR SALTOS. PROBAMOS CON DIFERENTES BÓLAS: GRANDES, PEQUENAS, LIXEIRAS, PESADAS, DE DIFERENTES MATERIAIS (GLOBOS, PELOTAS DE GOMA, DE PIN PON,.... E DESCUBRIMOS QUE CADA UNHA DELAS SUXEITÁBASE DE FORMA DIFERENTE OU NON SE SUXEITABAN PORQUE PESABAN MOITO E O SECADOR NON PODÍA CON ELAS. FOI MOI DIVERTIDO!!! SOBRE TODO CANDO FIXEMOS VOAR AOS GLOBOS, ESES SÍ QUE VOAN E PODÍAN PERMANECER MOITO TEMPO NO AIRE GRAZAS AO SECADOR.


UNHAS PÓCIMAS INFERNAIS

ESTA SEMANA ESTIVO NO COLE A MAMÁ DE PAULA E XUNTAS SEMELLABAN UNHAS GRANDES MEIGAS FACENDO CONXUROS E PÓCIMAS MISTERIOSAS.

MISTURABAN XIZ DE CORES, BICARBONATO E MOITO, MOITO, MOITÍSIMO ZUME DE LIMÓN, CANDO TODOS OS ELEMENTOS XA ESTABAN XUNTOS COMEZABA FERVER UNHA PÓCIMA INFERNAL E ENTRE TODOS PUXÉMOSLLES NOMES MISTERIOSOS, ALGÚNS DELES ERAN NOXENTOS E OUTROS TERRORÍFICOS, COMO POR EXEMPLO: SANGRE DE DRAGÓN, LÍNGUA DE MORCEGO,...


lunes, 1 de junio de 2009

saída ao parque de bombeiros











Hoxe (1 de Xuño) os nenos/as do CRA de Vilaboa visitamos o parque de bombeiros de Pontevedra, pasámolo moi ben


Subimos no camión , apagamos o lume coas mangueiras e para rematar démonos un baño de espuma, que a verdade co calor que facía hoxe ata se agradeceu