miércoles, 27 de mayo de 2009

POR QUE FLOTAN OS BARCOS?

ONTE VIU A CLASE DOS COPÉRNICOS DE REBOREDA VIU A MAMÁ DE ANA E FÍXONOS UN BARCO DE PLASTI, E SABEDES?... PODE FLOTAR!!!!

AO PRINCIPIO ERA UN POUCO COMPLICADO PORQUE TEMOS QUE FACER UN BARCO CON MOITA PRECISIÓN, XA QUE ANA DÍXONOS QUE TEN QUE ESTAR TODO O PESO EQUILIBRADO PARA QUE NON AFUNDA. ENTÓN COMEZAMOS A PENSAR QUE TIPOS DE BARCOS PODERÍAMOS FACER UTILIZANDO DIFERENTES MATERIAIS, COMO CORTIZA, PORESPÁN, PAPEL, METAL,..., E COMEZAMOS XOGAR CON ELES NA AUGA PARA COMPROBAR SE FLOTABAN OU NON.

A PROFE SUSANA DEIXÓUNOS UN BARCO METÁLICO MOI ESPECIAL QUE FLOTABA MOI BEN, PERO... CANDO E ENCHÍAMOS DE COUSAS ÁS VECES PERDÍA O EQUILIBRIO E AFUNDÍASE RÁPIDAMENTE, ANA EXPLICÓUNOS QUE ISO OCURRÍA PORQUE A CARGA NON ESTABA BEN EQUILIBRADA, AS COUSAS MÁIS PESADAS ESTABAN TODAS NO MESMO LADO E FACÍAN QUE O BARCO SE INCLANASE MÁIS DUN LADO QUE DE OUTRO, PERDENDO O EQUILIBRIO E AFUNDINDO RAPIDAMENTE.


martes, 26 de mayo de 2009

Saída ao centro Hípico Alazán



Hoxe ( 26 de Maio ) os alumnos de cinco anos do CRA de Vilaboa fomos de excursión ao centro hípico Alazán de Mos
Todos estabamos moi ilusionados coa saída , regaláronnos unha camiseta e montamos nun poni

As Profes: a verdade é que a saída resultou pouco didáctica , o encargado de acompañarnos e ensinar as instalacións era bastante soso, comezou avisando aos nenos para que non falasen , nin gritasen porque os cabalos se asustaban, pero nun ton no que parecia que os nenos eran salvaxes , non lles explicou nada relativo aso cabalo, tan só se limitou a ensinarlle como corrian e como comían

Cando lle faciamos unha pregunta só lla contestaba ao que lle preguntaba , en lugar de explicarllo a todos os nenos

A verdade é que o señor deixaba bastante que desexar, polo que as mestras viñemos un poico descontentas, sen embargo os nenos viñeron felices de haber podido montar en cabalo e de poder acaricialos

Abellas

Os nenos/as do cole de Paredes fixemos un pequeno proxecto sobre as abellas , aprendemos moitas cousas sobre elas e coa información que nos deron as profes fixemos un pequeno mural a ver se vos gusta

lunes, 25 de mayo de 2009

O ARCO DA LÚA (KALANDRAKA)


OS COPÉRNICOS DE REBOREDA ESTIVERON ESTE TRIMESTRE MOI LIADOS CO CONTO DE KALANDRAKA: "O ARCO DA LÚA". XA QUE ESTE ANO ESTÁN INMERSOS NUN PROXECTO CHAMADO "XOGAMOS E APRENDEMOS COA CIENCIA".
NUN DESES EXPERIMENTOS DESCUBRIMOS COMO FACER UN ARCO DA VELLA, POLO QUE BUSCANDO NA BIBLIOTECA DO CENTRO ATOPAMOS UN CONTO QUE FALA DEL. GUSTÓUNOS TANTO QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA E COMEZAMOS A FACER AS ILUSTRACIÓNS, A PROFE ROSA AXUDÓUNOS UN POUCO CO TEXTO E COA MONTAXE DAS PÁXINAS DO LIBRO.

CANDO O LIBRO ESTIVO REMATADO VISITAMOS A MARGARIDA (A MASCOTA DE BIBLIO) E REGALÁMOSLLE O NOSO LIBRO PARA COMPARTILO CO RESTO DO ALUMNADO NA NOSA ESCOLA. COMO MARGARIDA NON ESTABA NESE INTRE DÉMOSLLO A PROFE AMPARO, QUE MOI CONTENTA O RECIBIU E AXINA FOI A POÑELO NA MELLOR DAS BALDAS DOS EXPOSITORES DA BIBLIOTECA PARA QUE TODOS OS CATIV@S POIDERAN OLLALO.



[rockyou id=137938075]

domingo, 24 de mayo de 2009

A QUE SABE A LÚA?


O CONTO DE KALANDRAKA E UN DOS CONTOS MÁIS COÑECIDOS POR TODOS OS NENOS, ADEMÁIS É UN DOS MELLORES RECURSOS DIDÁCTICOS PARA OS MESTRES, XA QUE CON EL PÓDENSE ACADAR DIFERENTES ÁREAS E COMPETENCIAS EDUCATIVAS, SOBRE TODO É UN BO RECURSO PARA TRABALLAR A FILOSOFÍA COS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL. PROBÁDEO E SORPRENDERANVOS AS RESPOSTAS DOS VOSOS CATIVOS E CATIVAS, E MOI INTERESANTE FACER PENSAR AOS CATIVOS, AÍNDA QUE PAREZA UN XOGO PARA ELES É ALGO MOI SERIO E TODAS AS SÚAS RESPOSTAS TEÑEN A SÚA EXPLICACIÓN E RAZOAMENTO LÓXICO, NON SON RESPOSTAS AO AZAR OU PARA SAÍR DO MOMENTO, SÓ TEDES QUE ANALIZALAS UN POUCO E VEREDES CAL É A LÓXICA E O PROCESAMENTO MENTAL QUE FAI FUNCIONAR A SÚA PEQUENA CABEZA.

O CONTO PODERÉDELO ACOMPAÑAR COA CANCIÓN DE SUSA HERRERA, QUE DI:

A LÚA SABE A QUEIXO

A MEL E A CHOCOLATE

A FROITA BEN MADURA

A LIMÓN E A TOMATE.

A TARTARUGA QUIXOA PROBAR

E NIN SEQUERA A PUIDO TOCAR.

A LÚA SABE A QUEIXO

A MEL E A CHOCOLATE

A FROITA BEN MADURA

A LIMÓN E A TOMATE.

A XIRAFA QUIXOA PROBAR

E NIN SEQUERA A PUIDO TOCAR.

A LÚA SABE A QUEIXO

A MEL E A CHOCOLATE

A FROITA BEN MADURA

A LIMÓN E A TOMATE.

A CEBRA QUIXOA PROBAR

E NIN SEQUERA A PUIDO TOCAR.


........

O RATO QUÍXOA PROBAR E...



XOGADE A DESCUBRIR A QUE SABE, VEREDES AS SORPRENDENTES RESPOSTAS QUE PODEN DAR OS VOSOS NEN@S.