martes, 19 de febrero de 2008

A Filomena



!Ai, Ai! Filomena,

quen fora coma tú.

(bis)

Lévache-los azotes,

lévache-los no cú.

!Ai, Ai! Filomena,

quen fora coma tú.



!Ai, Ai! Filoména

Comíche-los cachelos.

(bis)

Comiche-los cachelos,

comíche-los sin sal.

Filomena da ialma

e fixéronche mal.
O Dote Do Meu Sogro

Homes e mulleres,

rapaces e todos, vinde ve-lo dote

que me deu meu sogro.

(bis)


!Ai, ai,ai!

Unha cabra vella

!ai, ai, ai!

Ie un cabrito coxo

(bis)




Actividades:


1- Aprender a cantiga por repetición en eco


2- Aprendizaxe dun xogo de palmas en parellas. na frase A tócanse palmas cruzadas a pulso. NAa frase B tocaríase o seguinte esquema:

- Palmas de frente

- Dedos na cabeza en forma de cornos
- Palmas de frente

- Cambiar de sitio a pata coxa
Debaixo da Figueira

Debaixo da figueira

da tía Xoldeirona

hai un pobre cego

tocando a zanfona


cunha gorra vella,

cunhas gafas negras,

cunha barba branca,

cunha capa grande,

cunhas botas rotas,

cunha vara longa.


Actividades:

1- Aprendizaxe da letra só cos xestos da parte acumulativa.

2- Explicación do funcionamento dunha zanfona

3- Aprendizaxe da melodía que faría o teclado da zanfona

4- CAntiga enteira con xestos

martes, 12 de febrero de 2008

Charla Paulo e Magoia




O día 28 de xaneiro recibimos unha clase maxistral a cargo de PAulo Nogueira e MAgoia Bodega.
Tivemos a sorte de asistir a unha clase moi instructiva donde nos ensinaron diferentes versións para ensinar unha canción, ensinaronnos a musicar contos, a poñerlle letra a obras de música clásica...
A verdade e que foi moi divertido e aprendemos moito
A continuación poderedes ver unha mostra do que aprendemos.

PICO, PICO, MAZARICO.
Pico, pico, mazarico,
¿quen che deu tan grande bico?
deumo o trasno dos traballos
para picar nos carballos

e piquei e repiquei,
tres milliños atopei.
E leveinas a moer
e os ratiños a comer;
E pilleino polo rabo
e leveino ao mercado.

¿Canto me dades por él?
o cabalo de MAnuel

O cabalo estaba coxo
e deixeino xunto a un toxo.
Fun cear coa miña tía,
deume unha culler partida.
Chameille torta e reterota,
mandoume lava-la porca.

E fun por unha sendiña
e atopei unha ovelliña.
E leveille de beber
e bebeu e dixo bee
Pero víronme os ladróns
e sacáronme os calzóns.













ACTIVIDADES:
1- Ensinamos a letra de forma que sempre teñan que contestar ó profesor/a. cada vez que vai aparecendo un personaxe ir sacándoo dun saco. Sempre que se presenta un novo personaxe vólvese a empeza-la cantiga para que pouco a pouco a vaian memorizando.

2- Ensina-la melodía dos catro primeiros versos. Repartir os diferentes personaxes do saco, dándolle a cada neno/a un deles. Cada un contestaralle ó profesor/a en función do boneco que teña na man.

3- Pouco a pouco, e noutras sesións, o alumnado irá interiorizando a cantiga enteira ( incluíndo o que canta sempre o profesor/a).

A TOUPIÑA (Basada no conto de W.Holzwarth/W.Erlbruch ED. Kalandraka)
Un día a toupiña foi toma-lo sol,
sacou a cabeza e chof, chof,chof, chof.
pasou unhapomba e preguntoulle:
¿fuches tí quen me fixo isto na cabeza?
¿Eu? non, ¿Por que?
!Eu fago así!- contestou

( repítese todo cambiando o animal)
un cabalo, unha lebre, unha cabra, unha vaca , un porquiño.

Un día a toupiña foi toma-lo sol,
sacou a cabeza e chof, chof, chof, chof
Pasaron as moscas e lle preguntou
¿Fostes vos quen me fixestes isto na cabeza?
Ñam, ñam, ñam,ñam,
esta claro !foi un can!
colleu a toupiña e foi xunto o can...
Chf, chof, chof, chof
a cagadiña botou.

Actividades
1- contar o conto
2- ensinar a cantiga
3- noutra sesión cantamos a cantiga pero cada neno/a é un personaxe do conto e canta a parte que lle corresponde
4- repartimos instrumentos a cada personaxe, para que ademais de cantar toquen a ritmo da cantiga
Toupiña ( triángulo)
Pomba ( Claves)
Cabalo ( caixa chinesa)
lebre ( axóuxeres)
Cabra ( pandeireta)
Vaca ( pandeiro)
Porquiño ( cunchas)
Moscas ( maracas)
Can ( roncar todos)